luns, 5 de maio de 2014

Convocatoria do II Concurso de Embelecemento de Contornos e Espazos Públicos e Privados do Concello de Carnota

O Concello de Carnota convocou, por segundo ano consecutivo, o Concurso de Embelecemento de Contornos e Espazos Públicos e Privados, co obxecto de favorecer e alentar a valorización dos recursos do municipio, así como contribuír á promoción do civismo e da conciencia ambiental entre a veciñanza.

O prazo de inscrición comezou o 3 de marzo e rematou o 4 de abril de 2014.

As actuacións serán valoradas a partir do 30 de maio por un xurado composto por representantes do alumnado e do profesorado dos centros educativos do municipio (CEIP de Carnota, CEIP do Pindo e IES Lamas de Castelo) e un membro designado polo Concello de Carnota, atendendo aos seguintes criterios:
  • A indicencia na mellora da imaxe do municipio.
  • A orixinalidade e a calidade ornamental.
  • O deseño de conxuntos estéticos en harmonía coa contorna.
  • A perdurabilidade dos elementos vexetais e da actuación en xeral.
  • A realización da acción de forma directa por quen concorre ao concurso, con medios propios e sen recorrer a empresas especializadas.
O 14 de xuño o xurado dará a coñecer a actuación gañadora, que será premiada con 1.000 €.

As bases completas pódense consultar na seguinte ligazón:

Bases II Concurso de Embelecemento


Ningún comentario:

Publicar un comentario